Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

É verdade esta saída da crise?
Fai uns días, Cristóbal Montoro afirmou que España está saíndo da crise económica. É capaz de dicir, con total seguridade, que o próximo ano, para el o querido 2014, vai ser o ano do crecemento e do emprego e que, definitivamente, a crise irase do noso país sen deixar rastro ningún.

O ministro de Facenda e Administracións Públicas pediu ao resto dos partidos que empecen a crer que estamos saíndo da crise, en vez de negar todas as súas palabras.

Pero os españois que non estamos metidos na política e os que loitan por conseguir un anaco de pan nas rúas, o caso de cada vez moita máis xente, só pedimos unha cousa: que poidades afirmar isto non só con palabras, senón con feitos. Só queremos que todo o que nos contades non sexa un engano para ter a todo o pobo contento, para conseguir votos, para poñervos medallas ou para xustificar o voso cargo. Como cidadá e falando en nome de moitos españois, o único que vos pedimos, señores políticos, e que fagades o voso traballo e realmente loitedes polos intereses do país. Abonda xa de verdades a medias! O que realmente queremos son resultados e non palabras, e que realmente en España todos poidamos acceder a un posto digno de traballo e ter cubertas as necesidades básicas. Non é moito pedir, verdade?

Por certo, tamén sería interesante que non só os vísemos nas situacións sociais á hora de sacar unha foto xuntos e que realmente se implicasen máis nas penurias de todos os habitantes de España.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2013 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal