Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Donos do seu destino aos quince anos.
¿Que nos pasa neste país? ¿Como consentimos o que consentimos?

Fálalles un rapaz que, coma moitos outros, foi e é vítima da precoz selección de futuro á que nos someten aos mozos neste país.

¿De verdade existe algunha cabeza en España que pense que un mozo ou unha moza de quince anos están capacitados para seren donos do seu destino? Dende o meu punto de vista é un dos peores procedementos que se poden seguir. As cousas ao seu tempo. ¿De que serve ter unha carreira moi cedo se non é a que queres?

Os quince anos son unha idade na que a presión social, os compañeiros e o descoñecemento fan moito máis por decantarse por unha rama que a vontade real do alumno. Noutros casos, a vontade do alumno non é a que terá cando cumpra os dezasete e encare un curso que, por riba de ser complicado, non é o que quere.

Esto é o que pasa cando un país ten aos seus futuros mandatarios coma se fosen ratos de laboratorio, probando diversos sistemas educativos cada pouco. Vergoña nos debía dar.

Un país sen unha boa educación é un país sen futuro, pero, quizais exista xente que se beneficie da ignorancia á que nos someten.

Volvendo ao tema. Chegados a un punto das nosas vidas, miramos cara atrás e vemos que non obramos como queriamos. Nese momento o sentimento de que tiraches a túa vida pola fiestra é enorme, case que doe. Estás seguro de que, por mor da túa ignorancia naquel momento non vas ter a vida que anhelas. Pero cando ves a realidade..., cando ves que a culpa é dun sistema incompetente o único que tes no corpo é rabia, a mesma rabia que transmito neste texto.

Xabier González Sobrado, 2ºBacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ben falado, Xabier. Dixeches verdades rabiosas co#blgtk08#mo puños pechados. Parabéns pola túa honestidade.
Comentario por Master and Comander (20-10-2013 19:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal