Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Polo vieiro do emprego.
Outro ano máis abrimos os xornais e atopámonos o mesmo... o mesmo retrouso na voz de outro trobador. Se fai tres anos era Elena Salgado a que nos dicía “En 2009 haberá crecimiento económico”, agora é o señor Cristobal Montoro o que nos promete que no 2014 crecerá o emprego. E non se queda ahí a afirmación económica do goberno conservador, se non que o presidente español afirma, con algo de sorna, que España ten unha economía saneada e reforzada, non sei se o señor presidente nos conta un chiste ou vive nun mundo idilico e fermoso que habita na súa mente.

Con estas afirmacións non quero ser pesimista, nin caer no vacio do excepticismo económico, mais penso que quizais é un pouco arriscado falar por parte do ministro de facenda que no 2014 teremos unha recuperación de emprego. E expoño as miñas razóns.

1. A recuperación no ámbito macroeconómico referida a débeda, a prima de risco ou o IBEX 35, que efectivamente marcan datos positivos, non ten que ver cando menos a curto prazo cunha recuperación do emprego.

2. Os recortes e as medidas económicas emprendidas polo goberno do Partido Popular, omiten un dos principios fundamentais do Keynesianismo, até o de agora a fórmula máis eficaz para sacar a un Estado da crise, como xa se demostrou no ano 1929; pois se queremos xerar emprego precisamos invertir máis cartos en política social e de emprego.

3. España segue a reportar grandes niveis de débeda internacional que deberá sanear en exercicios económiscos futuros, se caemos no erro da inactividade laboral, o isolacionismo económico apoderaráse do mercado español.


Quizais en troques de falarmos dunha recuperación económica deberiamos falar dun aumento da confianza por parte dos accionistas no mercado español. Os pasos que até aquí se deron alén da súa criticabilidade poderían agora reformarse e afianzarse cun xiro na política económica do Estado español. Un xiro que conlevase a inversión en proxectos de dinamización do emprego, como a creación de industria ou a explotación facultativa dos recursos económicos estatais. Acompañado dun aumento notábel nas inversións en materia educativa e formativa, xa que constitue unha parte fundamental dos recursos intanxibeis cos que conta un empresario e porsuposto deberíase afianzar e promover a teoría do Empresario Innovador proposta por J.A. Shumpeter, o que conlevaría un aumento notabel na inversión que o Estado adica a I+D. Promover axudas a PEMES e Pequenas Empresas como eixo sustentor da economía estatal, xa que son estas empresas as que poderían dar máis traballo a empregados estatais, sen esquecer a persoa xurídica das Sociedades Anónimas españolas que empregan a multitude de traballadores.

E tamén é preciso baixar os impostos, sobre todo o IRPF, este que tanto fai baixar o nivel de vida das familias de clase baixa e media. Ó tempo que permanecer estábel aquel que afecta as rendas altas. Pois subindo o IRPF estamos a facilitar a baixada no consumo que como xa afirmou J.M. Keynes é a razón fundamental das recesións económicas.

E hora de que o señor De Guindos e Montoro peguen un cambio de rumbo, agora que o mercado español parece crecer, polo vieiro do emprego.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 2º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2013 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal