Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Islandia, pasos atrás

Os islandeses devolveron ao poder ao centrodereita, que coas súas políticas neoliberais precipitou o colapso económico de outubro de 2008 e que previsiblemente freará agora o proceso de adhesión de Islandia á Unión Europea (UE). A oposición logrou un triunfo claro nas eleccións lexislativas de onte co 51,1% e 38 dos 63 escanos do Althingi (Parlamento), escrutado case o 98% dos votos.

A coalición de esquerda que gobernaba dende 2009 perdeu a metade dos seus apoios, e a Alianza Socialdemócrata pasou de ser a forza máis votada a baixar ao terceiro posto. Ese lugar correspóndelle agora ao conservador Partido da Independencia, tradicional dominador da política islandesa, que remontou nas últimas semanas para lograr o 26,7%, tres puntos máis, e 19 escanos.

Co mesmo número de escanos pero con dous puntos porcentuais menos quedou o Partido Progresista, o seu histórico aliado e gran triunfador dos comicios, cun 10% e unha decena de deputados máis que en 2009, a pesar dun lixeiro mal sabor de boca, porque as enquisas o daban como gañador ata non hai moitos días.

Ambos os dous partidos víronse favorecidos polo descontento dos islandeses co Goberno, que malia estabilizar as finanzas pagou os efectos sociais do duro programa de axuste imposto polo Fondo Monetario Internacional (FMI) para rescatar a Islandia.
O gabinete dirixido pola primeira ministra socialdemócrata Jóhanna Sigurdardóttir non foi capaz de levar adiante ningunha das súas grandes promesas, como a reforma da política de cotas de pesca ou a nova Constitución impulsada por unha iniciativa popular. A postura do Goberno no litixio polas indemnizacións a aforradores estranxeiros pola quebra do banco Icesave e as súas disputas internas, que provocaron que rematase a lexislatura en minoría, tampouco axudaron a aumentar a súa popularidade.

Desa decepción e das promesas para aliviar a difícil situación económica na que aínda se encontran moitos islandeses, sobre todo polo alto endebedamento hipotecario, aproveitouse o centroderecha para sacar tallada. Nin cambiando os seus impopulares líderes, a esquerda logrou reverter o que as sondaxes apuntaban dende había moitos meses. Os socialdemócratas perderon case 17 puntos e 11 escanos para baixar o 12,9% e 9 deputados. Algo menos acusada foi a caída do seu socio de coalición, o Movemento de Esquerda Verde, que obtivo o 10,9% (21,7 en 2009) e 7 asentos no Parlamento, a metade que catro anos antes.

O centrista Futuro Brillante entrou no Parlamento co 8,2% e 6 escanos, mentres que o Partido Pirata loitaba por acceder ao Althingi: o escrutinio parcial dáballe o 5,1%, unha décima por enriba do mínimo, e 3 deputados.


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 28-04-2013 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Isto lémbrame a cando as revoltas do maio francés do 68 acabaron por lexitimar ao conservado De Gaulle.#blgtk08#

A felicidade para algúns non é un estado de ánimo e si unha hipoteca contra a cordura!
Comentario por The master and comander (28-04-2013 23:19)
2 Isto lémbrame a cando as revoltas do maio francés do 68 acabaron por lexitimar ao conservado De Gaulle.#blgtk08#

A felicidade para algúns non é un estado de ánimo e si unha hipoteca contra a cordura!
Comentario por The master and comander (28-04-2013 23:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal