Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Smartphones e incomunicación.

Cando foi presentado ao mundo por Alexander Graham Bell, o teléfono supuxo unha verdadeira revolución para o ámbito das comunicacións, xa non polo mero feito de permitir establecer unha conversa dende dispares ubicacións xeográficas, senón por todo o que isto mesmo a posteriori implica. Relacións amorosas que salvan a distancia, acordos laborais, felicitacións de aniversario… A telecomunicación naceu coa misión de tender pontes, de abrir canles. De facilitar o establecemento de vínculos e o mantemento dos mesmos a este zóon politikon que un bo día decidiu baixar da árbore. De, en definitiva, achegar ás persoas xa non só entre si, senón tamén, e en gran medida, coa súa propia esencia. O problema chega cando, nunha tendencia en parte dada por esta mesma esencia á que apelábamos, o concepto coma tal se vai deteriorando, ata atopármonos cunha sociedade integrada por individuos explícitamente asociais, silenciosos, estáticos, chantados diante da pantalla dun smartphone que eles cren que os conecta co mundo, mentres ao seu redor este mundo ao que realmente permanecen alleos segue a xirar sen se lembrar deles.
Por cada emigrante que nun pasado puido felicitar o Nadal á súa familia dende o máis recóndito lugar do planeta, hoxe atopamos dez que renuncian ao pracer dunha conversa durante a cea pola teima de responder a unha mensaxe en Whatsapp ou rematar unha partida de Triviados, coa consecuente liorta familiar inclusive. O que naceu como unha vía de achega e entendemento volveuse na nosa contra ata se converter nun instrumento de discordia, adición e exclusión. E eu non daría en consideralo unha cuestión de superfluidade, pois o verdadeiro significado alude a algo ben máis profundo. Contemplando ao ritmo ao que caduca a integridade das nosas creacións, pouco queda que dicir de nós mésmos, despois de máis de 2000 anos de historia desta especie.
Aida González, 2º Bac B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-04-2013 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal