Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Recuperan un poema inédito de Rosalía
O diario madrileño A Soberanía Nacional publicou o 4 de xuño de 1866 un poema de Rosalía de Castro dedicado ao escritor, militar e político liberal Salustiano de Olózaga. Os versos foron recuperados por Francisco Rodríguez, quen hai catro anos buscounos sen éxito na hemeroteca da Biblioteca Nacional, pero que agora, coa publicación dixitalizada, puido localizar, segundo Efe.

Rosalía escribiu o poema co gallo dunha visita do político a Galicia, aínda que finalmente De Olózaga non chegou a pisar terras galegas por «unha causa puramente privada», segundo informa A Soberanía Nacional. O xornal tamén indica que Rosalía de Castro concibiu os versos a «petición dos artesáns [...] para repartilos impresos á chegada do Sr. Olózaga; o sub gobernador, cuxo nome sentimos non poder estampar, para non privala da gloria que alcanzou, negouse a pór o selo da oficina na proba dos versos».


Julián Rey Pérez - 2ºBACH - A
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-04-2013 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal