Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha investigación galega descobre catro novas especies de cefalópodos prehistóricos

Un equipo científico internacional integrado por de cinco expertos, liderado por Ismael Miján, da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol (SGHN), logrou probar o achado de catro novas especies de cetáceos odontocetos a partir de 40 cranios fósiles recuperados casualmente por pescadores galegos e portugueses de caladoiros do Atlántico Norte.

O proxecto arrincou en 2006 cando un pescador de Cedeira (A Coruña) cedeu á SGHN un estraño fósil que achou entre as redes do seu barco. Era o cranio dun zifio dunha especie sen clasificar que tiña de 15 a 20 millóns de anos de antigüidade, e que foi o punto de partida da investigación.
O fósil caeu en mans de Miján que contactou os dous mellores expertos en zifios do mundo: o italiano Giovanni Bianucci, da Universidade de Pisa, e o belga Olivier Lambert, do Museo Real de Ciencias Naturais de Bélxica.

O equipo internacional completouse con outros dous investigadores, Klaas Post, do Museo de Historia Natural de Róterdan (Holanda) e Octávio Mateu, do Museo do Lourinhâ de Portugal, e acaban de publicar os resultados de cinco anos de estudo na revista Geodiversitas, especializada en Paleontología.

Trátase dun "importantísimo achado científico", destacou hoxe Miján, nunha rolda de prensa na que presentou os resultados da súa investigación que xa recibiu o aplauso da comunidade paleontológica internacional.

Probaron a existencia de catro novas especies de zifios -cetáceos odontocetos que se caracterizan por un fuciño pronunciado similar ao dos golfiños-, que se denominaron Imocetus piscatus, Choneziphius leidyi, Tusciziphius atlanticus e Globicetus hiberus. Medían de 4 a 13 metros de longo, eran grandes mergulladores a profundidades que pasaban dos 1.000 metros, carecían de dentes e alimentábanse por succión de cefalófodos.

Unha das características destas especies é o diformismo sexual, unha desas características é unha esfera cranial de gran densidade na parte frontal da cabeza que segundo explicou, protexía os órganos vitais dos machos das pelexas a cabezazos.

Parte desa colección de novos fósiles de zifios exhibirase no Museo dá Natureza de Ferrol.

Beatriz Molina Muñiz 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-04-2013 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal