Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O SERGAS DEIXARÁ DE PAGAR CÁMARAS INHALADORAS PARA NENOS ASMÁTICOS
O Sergas excluirá do financiamento público a partir do 1 de maio 30 produtos farmacéuticos que ata agora si se subvencionaban. Trátase de cinco tipos de cámaras de inhalación pediátrica, 23 de sondas e dous modelos de apósitos para pacientes con traqueotomías. O motivo para non financialos é, segundo a Consellería de Sanidade, que non están incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde, é dicir, que se financiaban en Galicia pero non os recolle a carteira única do ministerio. No caso das cámaras exclúense cinco tipos, pero seguirán financiándose outras, apuntan desde a Xunta. En canto aos apósitos para pacientes con traqueotomías, simplemente quedan fóra do financiamento. O número de pacientes que precisan destes apósitos, sosteñen os facultativos, é afortunadamente moi reducido. No caso das cámaras de inhalación, o número de nenos afectados é significativamente superior. Trátase dun produto para menores con afeccións asmáticas e bronquiolitis. A decisión foi anunciada internamente o luns aos pediatras da rede pública. Estas cámaras de inhalación teñen un custo que rolda os 36 euros, dos que a Administración sufragaba ata agora 4 desde a etapa do bipartito, sendo totalmente gratuítas con anterioridade. Devanditos produtos son recetados para inhalar con máscara corticoides e broncodilatadores para facilitar a respiración aos afectados por asma ou inflamación dos bronquiolos, patoloxías que teñen cada vez máis incidencia en Galicia por mor da contaminación e a transferencia xenética.

Pediatras expertos no campo da afeccións respiratorias cifran nun 15 % o número de nenos de 0 a 4 anos que en Galicia poden requirir das devanditas cámaras, é dicir 16.440 na actualidade. O Sergas seguirá pagando outras cámaras non específicas para os pequenos e dun custo de 6 euros, aínda que debendo pagar os pais dous deles e tamén a máscara. A eliminación do pagamento afectará a todos os casos, independentemente da renda familiar.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-04-2013 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal