Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Profesores, alumnos e administrativos péchanse no reitorado vigués contra os recortes de Wert
Un grupo de profesores, alumnos e persoal administrativo iniciaron esta tarde un peche no reitorado de Vigo en sinal de protesta pola aplicación do chamado decreto Wert, que, segundo denuncia o colectivo, pode supor a redución do cadro de persoal de 300 profesores só nesta universidade.

Brais Fortes, responsable de Comités Abertos no Campus de Vigo, sinalou a EFE que o peche, que protagonizan unha vintena de persoas, manterase na sala de xuntas do edificio do reitorado, de forma ininterrompida, ata mañá, cando se celebrará unha Xunta de Goberno da institución académica.

Ésta non é a primeira mobilización contra "os recortes" da Universidade viguesa, pois Comités Abertos recorda a concentración do pasado 26 de febreiro, á vez que advirte de que estas se radicalizarán se proseguen "as reformas" por parte do reitorado. Nun comunicado, Comités Abertos denuncia "a masificación das aulas, a precariedade laboral e a perda de calidade docente e investigadora" derivadas das medidas que vén adoptando o equipo de Goberno durante o presente curso.


Sara Álvarez González

2º Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-03-2013 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal