Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BNG segue camiñando cara o independentismo.

Xavier Vence, voceiro nacional, asegura que o Bloque chegará a acordos para tratar de "garantir" a presenza do nacionalismo en Europa.

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, afirmou que a formación frentista ten na súa folla de ruta "lanzar" o debate soberanista primeiro na sociedade, no marco do cal se propón crear o bautizado por el mesmo "movemento multicolor", no cal estarían tódalas forzas do nacionalismo de esquerda, é decir BNG, ANOVA, NÓS-UP ou Causa Galiza, negociacións nas que non estarán, Compromiso por Galicia, Terra Galega, Converxencia Galega nin Converxencia XXI.
"O que temos é a intención de participar, conxuntamente con todo un colectivo importante de persoas independentes e organizadas noutras organizacións nacionalistas, en lanzar un debate social sobre este tema,", expresou en declaracións a Europa Press Xavier Vence, quen explicou que se trata de que chegue "ata o último lugar do país".
Deste xeito, apuntou que o Bloque contempla "cando ese proceso teña suficiente grao de madureza" levar a iniciativa para ser "debatida nas institucións do país". "Pero non cremos que sexa o máis oportuno empezar por aí, queremos primeiro que haxa un proceso social e de debate, moi transversal, e logo como unha parte máis dese debate na sociedade", sentenciou.
Para este proceso, Xavier Vence aposta por crear un "polo nacionalista potente" ou o que el denomina "movemento multicolor" fronte ao "neoliberalismo e centralismo", que aglutine "diferentes niveis de colaboración". "Cremos que o movemento multicolor pola soberanía ten que ser cívico, no que participemos todos os nacionalistas con e sen carné", explicou.
Xavier Vence remarcou, en declaracións a Europa Press, que se explorarán "tódalas vías de cooperación e colaboración", e aclarou: "Obviamente non se nos pasou pola cabeza renunciar ao proxecto do BNG".
Neste sentido, sinalou que se trata de "cooperar" para "elevar a conciencia nacional" do país, o que xa queda demostrado cos achegamentos do BNG, a forzas como AMAIUR ou ERC, mentres que Compromiso por Galicia, xa está a negociar con CiU ou co PNV e tamén con Compromís pel País Valencià, aínda que nas eleccións europeas xa enviou unha oferta de formar unha Coalición Nacionalista Galega, finalmente AGE, parece inminente que acabe por achegarse a ICV e a outros ecosocialistas. As posturas do BNG resúmense nesta frase do seu voceiro nacional "Nós estamos abertos a todas as opcións sobre a base de reforzar o proxecto BNG e dispostos a dialogar todo o que sexa necesario".

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-03-2013 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal