Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os pasos do corralito á europea
O Banco de Chipre e o Laiki Bank, as dúas principais entidades bancarias do país, impuxeron este domingo unha limitación de 100 euros ao máximo diario de efectivo que os cidadáns poderán retirar dos seus caixeiros automáticos, segundo informaron fontes bancarias e do Goberno chipriota. Previamente informárase de que todos os bancos impuxeran esta limitación. Non obstante, salvo as dúas entidades mencionadas o resto de bancos mantén o límite de retirada en 260 euros.

A limitación de 100 euros permanecerá vixente ata que volvan abrir os bancos, o que está previsto que se produza o próximo martes, ou ata a confirmación de que continuará o financiamento de emerxencia do Banco Central Europeo (BCE).

O Laiki Bank, a segunda maior entidade financeira do país, foi a primeira entidade en secundar a medida. O banco, intervido polo Estado dende o ano pasado e con graves problemas de liquidez, xa reducira de 1.000 a 260 ese límite o pasado xoves, o que provocou grandes filas nas sucursais do Laiki.

As autoridades de Chipre negocian este domingo en Bruxelas as contrapartidas do rescate de 10.000 millóns de euros necesarios para recapitalizar o sector bancario da illa. Segundo as filtracións á prensa chipriota, unha das medidas pasaría por gravar con entre un 4% e un 20% os depósitos de máis de 100.000 euros. O plan tamén inclúe a división de Laiki nun banco bo, que incorporaría os activos sans e os depósitos asegurados, e outro malo, ao que irían parar os préstamos morosos e os depósitos superiores a 100.000 euros.

Para iso, o Parlamento chipriota aprobou unha lei sobre a reestruturación do sector bancario, acompañada doutro texto que outorga ao Ministerio de Finanzas e ao Banco Central potestade para establecer restricións ao movemento de diñeiro dentro da illa.

O martes está previsto que as entidades financeiras volvan abrir as súas portas tras máis dunha semana de corralito, aínda que o futuro é incerto, xa que o Banco Central Europeo (BCE) ameazou con que, se non hai acordo sobre o rescate, o luns deterá as inxeccións de liquidez á banca chipriota. O único claro é que volta o corralito máis duro e irracional ca nunca.


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-03-2013 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal