Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O legado bibliográfico de Agustín Sixto Seco estará dispoñible no arquivo da biblioteca da Cidade da Cultura
A biblioteca e o arquivo do doutor Agustín Sixto Seco pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia e estará disposición da cidadanía, tras o acordo entre a familia do desaparecido intelectual galego e a Xunta.

Segundo informa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nun comunicado, o legado desta figura "de esencial e notoria transcendencia" na medicina e activo promotor da cultura galega estará en breve dispoñible nas instalacións do Gaiás.

A biblioteca de Sixto Seco, formada por máis de 4.000 volumes, abarca dende importantes exemplares dos primeiros tempos da edición galega de posguerra, especialmente de Galaxia, fondos americanos procedentes da emigración, abundantes obras sobre Galicia, así como de medicina ou temas históricos, relixiosos, políticos e literarios.

Baseándose no apuntado polo Goberno autonómico, o arquivo do doutor destaca pola importancia do grande número de documentos nel recollidos, así como polos testemuños que explican o desenvolvemento do século XX

De feito, conforma o arquivo unha ampla correspondencia con intelectuais como Otero Pedrayo ou Castelao, xunto a documentación da súa intensa relación con multitude de institucións e iniciativas culturais.

O legado documental está composto polo propio arquivo no papel persoal realizado por Sixto Seco, e por outra parte pola documentación recompilada tras a súa morte.

Tamén se incorporan á Biblioteca de Galicia o arquivo sonoro, composto por 167 casetes, vídeos, DVD, CD e disquetes entre os que se atopan todas gravacións de programa radiofónico Parladoiro; e ou fotográfico, integrado por 13 álbums.
Agustín Sixto Seco, natural de Mugardos, non só foi unha figura de transcendencia na medicina galega, senón que tamén exerceu un papel activo en favor da cultura propia de Galicia.

Dende a década dos sesenta participou en proxectos editoriais como Galaxia, en padroados como o de Rosalía de Castro e da Fundación Otero Pedrayo, así como en institucións como Penzol, Castelao, Camilo José Cela ou o Museo do Pobo Galego.

No campo da medicina participou na fundación do policlínico A Rosaleda, ademais de presidir cargos directivos de sociedades médicas, tanto en Galicia, coma no resto do Estado e Latinoamérica.


Magdalena Sepa 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-03-2013 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal