Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O elefante que esmaga á monarquía.
De seguro que moitos de vostedes recordan aquel 23 de febreiro do ano 1981 no cual heroicamente, Xoán Carlos I salvou a España dun segundo franquismo, e cousas da vida, hoxe no mesmo día e no mesmo mes pero de diferente ano, atopámonos coa declaración ante o xuíz José Castro, do seu xenro imputado Urdangarín, acurralando deste xeito, novamente a figura do monarca. Trinta e dous anos despois, o mesmo home que supostamente salvara España, está no punto de mira do maior dos embates da casa real.
Tódolos periodistas falan da desexada por algúns abdicación do rei, pero de momento este garda silencio. Silencio que se converte no cancro da monarquía, cancro que xa foi vencido coa comparecencia do Borbón, no chamado por algúns "Caso elefante", e se por entón o monarca pediu perdón pola cacería do pobre animaliño, o caso que adestora nos ocupa ten a "trompa" moito máis grande, e o monarca nin "pío", apoleirado na Zarzuela.
Quizais chegou o momento do cambio, ou quizais a este naufraxio da monarquía española aínda lle queda un último salvavidas ó que aferrarse.
A pretendida exemplaridade da casa real converteuse agora nun modelo, do que unha familia non debe facer, porén o pobo do común perde a confianza na institución.
O rei que anos atrás mostrou que non era un cagán, nestes intres, amósase rodeado de lixo familiar, que come se fose un enfermo dióxenes é incapaz de desfacerse do cheirento compañeiro, por apego familiar.
E todo esto, pola aparición nos medios de comunicación da "feitorías da fundación Nóos", culme da costa pola que esvara a monarquía, e da cal tres dos seus dirixentes, o señor Torres e a súa cónxuxe e mailo señor Urdangarín, os tres imputados, pero... recordemos, que é da infanta Cristina?, esa é a pregunta que todos nos facemos, porqué non está imputada se é a dirixente que falta?, será que o seu apelido Borbón é o opio dos xuizes?.
Agardemos acontecementos, pois semellante temporal non pode pasar inadvertido, chegarán os refugos cando o ceo esclareza...
Como bo demócrata, teño a confianza de que a xustiza actuará en consecuencia ó seu nome, por que o rei pode ser inimputábel ante a xustiza, pero non ante o pobo.
O resultado deste caso pode ser a chegada do soño republicano de tantos españois, como, outro deses paródicos episodios, propios da prensa rosa española.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2013 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal