Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un dos nosos.
Loquillo, nado en 1960 en Barcelona, foi unha icona da "movida" madrileña nos anos 80. Co seu rock and roll ao máis clásico estilo dos anos 50, este "showmen" ten unha carreira de máis de 30 anos encima dos escenarios e tamén un bo número de fans.
Ariel Rot, nado en 1960 en Bos Aires, Arxentina, liderou a escena rock arxentina nos anos 80, con Tequila, e nos anos 90 con Los Rodríguez. Este guitarrista conta, tamén, cunha carreira de máis de 30 anos no mundo da música.
Leiva, nado no ano 1980 en Madrid é un dos máximos representantes da escena rock española actual, primeiro co grupo Pereza, e despois en solitario. Ademáis de ser un bo cantautor, este madrileño é tamén un bo guitarrista, baterista e un dos baixistas máis virtuosos do país.
Dúas nacionalidades, dúas xeracións e tres homes. Este, "Un dos nosos", é o proxecto de estes artistas, tres citas no vindeiro mes de xuño, o día 6 en Madrid, o 8 en Barcelona e o 28 en Málaga.
Leiva, o máis mozo dos tres, intentou explicar cal é a situación :"Aos tres gústannos Bob Dylan, Elvis Presley ou os Rolling Stones, pero ainda non temos claro que é o que imos tocar ou se faremos versións", e tamén deu algunha pista sobre as actuacións :"A idea é que non sexan tres concertos distintos, senón un gran espectáculo conxunto de tres artistas".
Tamén deron lugar ás bromas. Ariel Rot declarou :"Xa o temos pensado, Leiva ocuparase das mozas, eu do viño e Loquillo de ensinar".
As entradas están xa á venta, por 38 euros, e existe a posibilidade de que se faga e edite un DVD con contidos das tres actuacións.
Ano tras ano vemos como novos grupos sacan discos, vellos grupos saen de xira..., pero é complicado que tres artistas de dúas xeracións distintas se xunten para facer algo de este estilo, algo que, seguramente, será de gran calidade musical.

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2013 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal