Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O anteproxecto da LOMCE
Seguindo a tendencia tan común neste país volveuse propor outra reforma da lei de educación, de tal xeito que en aproximadamente dez anos xa se sucederon dúas leis de educación (LOCE, LOE), e proponse unha nova LOMCE.Como estudante resulta certamente interesante o coñecemento deste proxecto, así como a reflexión a nivel individual en contraste coa realidade da que formo parte.

Deste xeito comeza a proposta:



“La educación es el motor que promueve la competitividad de la economía y el nivel de prosperidad de un país. El nivel educativo de un país determina su capacidad de competir con éxito en la arena internacional y de afrontar los desafíos que se plante en en el futuro."



Resulta un tanto confuso ler que a educación promove a prosperidade dun país cando se recorta un 21,9% no orzamento en educación e cultura. Este curso comezou en Castilla La Mancha con máis de 8.000 interinos menos, dos cales 4.752 afectarán a primaria e 4.244 a secundaria; mentres en Andalucía están pechadas as oposicións para a educación secundaria, so o pretexto do aforro. Habería que preguntarlles a todos os docentes, profesionais cualificados, qué supón aumentar o número de alumnos por aula, e tamén as súas horas de traballo, así como as repercusións a nivel do alumnado. Como proxecto que ten como finalidade a mellora da calidade educativa, non semella moi coherente a realidade que se está a vivir, unha realidade que ten como constantes a redución do profesorado, de bolsas de axuda para o estudantado e un incremento das taxas universitarias.
Outra sección que me chamou especialmente a atención foi a referente ó profesorado na que se dispón o seguinte:



“[...] El Gobierno, previa consulta a las Comunidades Autónomas, establecerá las condiciones y los requisitos de titulación, formación o experiencia para que, durante los cinco años siguientes a la fecha de la entrada en vigor de esta ley orgánica, las Administraciones educativas, por necesidades de servicio o funcionales, puedan asignar el desempeño de funciones en una etapa o, en su caso, enseñanzas distintas de las asignadas a su cuerpo con carácter general, al personal funcionario perteneciente a alguno de los cuerpos docentes recogidos en la disposición adicional séptima de esta ley orgánica.”



Suponse que existen as diferentes especialidades ou graos universitarios para a especialización dos docentes, garantindo deste xeito a calidade e a competencia dos alumnos nos diversos campos do coñecemento. Non sei qué calidade podemos ofertar propondo que os profesores, que lembro son profesionais cualificados en cadanseu campo de coñecemento, sexan asignados a ensinanzas distintas das súas propias.


Non só merecen os puntos anteriores a nosa atención senón todos eles, xa que debemos coñecer como membros dunha sociedade aquilo que afecta ás bases do noso futuro, a educación. Pórlle fronteiras ó acceso á cultura é a mutilación dunha sociedade. Coloquemos a educación no lugar que merece, e deixemos de tratar ós docentes como meros transmisores de información. Que a finalidade da educación sexa chegar a todos, que volvan os valores e que cesen os recortes con segundas intencións. A educación é un dereito, non un privilexio.


Alba Muñoz López (Estudante de Grao en Lingua e Literatura Galegas)
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-02-2013 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Verdades como puños!

Verdades contra estas werterías neocapitalistas que pretender eliminar a filo#blgtk08#sofía do plan de estudos e recortar, recortar, recortar orzamentos investidos en persoas e en material. Vergonza!
Comentario por The master and Co (06-03-2013 23:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal