Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Vaticano di que se quere presionar os cardeais
A Secretaría de Estado da Santa Sé publicou este sábado un comunicado no que rexeita os "intentos de condicionar os cardeais, con vistas ao conclave coa difusión de noticias a miúdo non verificadas ou verificables e polo tanto, falsas, con gran dano a persoas e institucións".

"A través dos séculos, os cardeais tiveron que facer fronte a múltiples presións á hora de elixir pontífice por parte de diferentes poderes, afrontando lóxicas de tipo político e mundano" continuou a nota da institución vaticana que preside o cardeal Tarcisio Bertone. Segundo o comunicado, o modo actual no que se intenta influír nos cardeais cambiou e, na actualidade, "inténtase alterar á opinión pública mediante argumentos e valoracións que non recollen o sentir espiritual que a Igrexa está vivindo"."É deplorable que, segundo se achega a data do conclave, se multiplique a difusión de noticias a miúdo non verificadas que causan un gran dano á institución e aos seus integrantes", concluíu.

Pola súa banda, o voceiro vaticano, o xesuíta Federico Lombardi, tamén denunciou a existencia desas mesmas presións para condicionar o libre exercicio de voto no conclave, xa que na súa opinión varios cardeais están a ser "considerados indesexables por unha razón ou por outra". Lombardi asinou este sábado un editorial na Radio Vaticana, no que subliña que "o camiño da Igrexa nas últimas semanas do pontificado do Papa Benedicto XVI, ata elección do novo Papa a través da "Sede Vacante" e o conclave, é "moi difícil, dada a novidade da situación".

Ademais, compareceu ante os medios cunha breve rolda de prensa no vaticano. Durante esta, o xesuíta asegurou que non todos os medios de comunicación poden ser acusados de publicar rumores, pero indicou que é o caso dalgúns italianos e de varios estranxeiros que continúan difamando con noticias que falan dunha "forma negativa e premeditada". O voceiro vaticano chamou aos medios de comunicación a informar con mesura sobre todo o que acontece na Igrexa católica, e aludiu aos que fan "unha presión inaceptable" para condicionar o exercicio do dereito a votar por un ou por outro membro do Colexio de cardeais, considerados indesexables por unha razón ou pola outra".

E agregou que "quen ten en conta en primeiro lugar o diñeiro, o sexo e o poder, está afeita a ler con estes parámetros a realidade, e non é capaz de ver nin sequera á Igrexa, porque a súa mirada non é capaz de dirixirse cara ás alturas ou descender en profundidade e comprender as dimensións espirituais da existencia". Persoalmente engadiría que aqueles que levan séculos vendo o ouro, a corrupción e o veto legal tampouco son moi dados a sinceridade espiritual, os santos non son tan santos e non estamos na Idade Media para esixir un tratamento especial os ministros da Igrexa.


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2013 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal