Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mariano Rajoy: "Nunca recibín nin repartín diñeiro negro, nin neste partido nin en ningures".
O presidente do Goberno e do PP, Mariano Rajoy, negou este sábado que cobre sobresueldos en diñeiro negro como se publicou estes días. "Nunca recibín diñeiro negro nin neste partido nin en ningures", exclamou. Ante o Comité Executivo Nacional do PP, afirmou rotundo que non veu á política a gañar diñeiro . "É falso o que me atribúen. Nunca recibín nin repartido diñeiro negro nin neste partido nin en ningunha outra parte. Dígoo con toda serenidade. Non teño nada que ocultar, non temo á verdade. Non vin á política a facer diñeiro nin a enganar a Facenda", declarou .
"Sei gañarme a vida, gañaba máis diñeiro coa miña profesión que coa política", afirmou Rajoy, quen tamén advertiu de que se equivoca" quen pensa que mediante "acoso" el vaise a "encoller" ou vai abandonar" a súa tarefa á fronte do Executivo.


Jorge Vázquez 2ºA
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2013 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Que vai dicir? Dende logo non vai dicir que os recibiu nin moito menos...Nunca se saberá a verdade toal deste caso, pero hai que tomar medidas drásticas sobre as persoas oficialmente imputadas, dende logo négome a aceptar que esa xente sexa do partido que sexa faga recortes en educación e sanidade, deixando na rúa a miles de persoas,mentres eles viven a vida tola cun diñeiro que non é de seu e que gañan rebaixándose ata os niveis máis baixos da ética e da moral. Se nesta crise hai que apertarse o cinto, t#blgtk08#ódos habemolo de apertar, non só os de sempre.Non son o único que o pensa; na páxina de Facebook de MSN (messenger) fíxose unha enquisa sobre se a xente pensa que os altos cargos do PP recibiran diñeiro en negro, e máis do 90% di que sí. Como imos saír da crise se os que pretenden "axudarnos" son os que menos exemplo dan? Predicar co exemplo. Que conste que servidor é un apolítico total, digo esto referíndome ao PP pero diría o mesmo se fora PSOE, EU, ou UPG. A ética non entende de ideoloxías políticas.
Comentario por Alexandre S.P. (03-02-2013 12:28)
2 SERÍA lamentable#blgtk08#, mellor dito.
Comentario por Alexandre S.P. (03-02-2013 12:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal