Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Fiscalía podería citar a declarar á cúpula do PP

O fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, sinalou onte que na información publicada sobre os posibles sobresoldos a dirixentes doPP hai materia de investigación e sinalou que o Ministerio Fiscal podería chamar a declarar a membros da cúpula do partido. 'Se nós chegamos á conclusión de que o seu testemuño é esencial para esclarecer os feitos, feitos de natureza delituosa, non dubide que serán chamados a declarar', sinalou sobre os dirixentes do PP que aparecen na i contabilidade en diñeiro negro do extesoureiro do PP Luis Bárcenas.
O fiscal xeral do Estado aclarou que a Fiscalía xa está a investigar a contabilidade do PP e reafirmou que 'todas aquelas persoas que dende o punto de vista do Ministerio Fiscal poidan achegar algo á investigación e ao esclarecemento da verdade van ser chamadas' polo Ministerio fiscal' 'ante os tribunais de xustiza'.
En calquera caso, incidiu no proceso de investigación 'absolutamente aberto' e sinalou que se van respectar 'todo tipo de garantías constitucionais' e no que as acusacións e o Ministerio Fiscal van investigar con 'imparcialidade e absoluto rigor ata o final'.
Pártese da presunción de inocencia pero haberá que examinar todo tipo de documentos, recibir declaracións a aqueles que dalgunha forma poidan ter unha condición de imputados, ao resto como testemuñas, e xa veremos. A min non me gusta anticipar nada máis' apostilou.
ás dúbidas agora, sinalou Torres-Doce, son relativas ao xulgado que se debe facer cargo do caso, ben como parte da instrución do 'caso Gürtel' sobre presunto financiamento irregular ou ben como unha peza separada.
Respecto ao 'caso Gürtel', aclarou que solicitou aos fiscais que levan o caso un prognóstico de calendario procesual sobre este asunto. 'Nós temos un horizonte razoablemente próximo ao peche do caso Gürtel', subliñou.



Marta Dacal
2ºBacharelato-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2013 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal