Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pecha o último diario en papel en galego, para converterse en semanario.
Sucédese outro dos terríbeis episodios contra o galego na prensa, despois da desaparición do Diario A Nosa Terra e o Xornal de Galicia, agora remátase a edición diaria do Diario De Luns a Venres, para convertérense nun semanario. Mentres os grandes empresarios da comunicación seguen a recibir subencións, outros non recibimos nada, os xornais pechan e moitos dos nosos compañeiros xornalistas, seguen a ser despedidos.
Este pequeno diario galego, que de seguro coñecen, naceu no ano 2006 e dende aquel ano, converteuse no representante dos xornais en galego impresos en papel, e o alcance de tódolos galegos de forma gratuita.
Transformarase agora nun semanario que se publicara tódolos venres en papel, e diariamente en versión dixital.
Esta nova pódese valorar de dúas formas diferentes, por unha parte os malos hábitos económicos dos grandes empresarios da comunicación, e por outra banda o desinterese da Xunta, polo xornalismo na nosa lingua, o galego.

A formación El Progreso, da que depende De Luns a Venres promete que o cambio non suporá a desaparición da información diaria, xa que segundo este grupo xornalístico, verase reforzada a través da súa páxina web. Ademais asegúrasenos que a nova publicación semanal, aumentará as páxinas e a tirada, mantendo a aposta polo idioma galego.

Dende o equipo de redacción de A Nosa Terra Semanario Dixital, gustaríanos unirnos primeiro, o malestar dos despedidos, moitos deles pais e nais de familia que se quedan sen traballo neste momento tan difícil económicamente, e segundo facer público o malestar de moitos cidadáns, lectores diarios deste xornal, que se acaban de atopar coa nova da súa desaparición.
Refutación total á destrucción masiva do xornalismo en galego.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.

Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2013 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Outro desleixo máis dos nosos rexedores. Un xornal meritorio, dignísimo e sen erros pasa ao virtual. Durante máis dun lus#blgtk08#tro acompañounos no colexio, algúns aínda estan buscando tempo para ler un só dos seus milleiros de titulares. Que mágoa.
Comentario por Master and Co (27-01-2013 13:59)
2 Outro desleixo máis dos nosos rexedores. Un xornal meritorio, dignísimo e sen erros pasa ao virtual. Durante máis du#blgtk08#n lustro acompañounos no colexio, algúns aínda estan buscando tempo para ler un só dos seus milleiros de titulares.
Comentario por Master and Co (27-01-2013 13:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal