Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense é a segunda provincia de España con menor número de traballadores.
Só contan con emprego 47,4 persoas de cada cen, situación que só empeora Zamora (44,97%) encaixou unha perda de 4.000 empregos no ano 2012.
Ourense é a segunda provincia de España con menor número de traballadores afiliados á Seguridade Social tras Zamora, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa correspondentes ao cuarto trimestre de 2012 dados a coñecer onte polo Instituto Nacional de Estatística. Só teñen traballo 47,4 persoas de cada cen, mentres que na provincia limítrofe castelá contan con emprego o 44,97%. Isto contrasta co 58,28% d´A Coruña, o 51,29% de Lugo e o 55,69% de Pontevedra. Ourense perdeu un total de 4.000 empregos ao longo do ano 2012.
A provincia con maior taxa de actividade é Almería, co 66,12% das persoas que se atopan en idade de traballar con emprego. Exceden a barreira do 60% de emprego Sevilla, Zaragoza, Illas Baleares, Canarias, Burgos, Valladolid, Guadalajara, Toledo, Barcelona, Girona, Tarragona, Castelló, Valencia, Madrid, Murcia e Arava.
O número de fogares con todos os seus membros activos en paro ao pechar o mes de decembro de 2012 en Galicia ascendeu a 12.400 máis que o trimestre anterior, polo que un total de 91.900 unidades familiares atopábanse nestas circunstancias. A provincia da Coruña era a máis afectada, con 38.600 familias con todos os seus membros activos en paro, seguida de Pontevedra, con 34.300; Ourense, con 10.600 e Lugo 8.500.
A Seguridade Social perdeu 2.099 afiliados estranxeiros en Galicia no ano 2012, o que supón un descenso do 6,04%, ata situarse nun total de 32.660 cotizantes.
Pontevedra foi a provincia galega que perdeu máis afiliados estranxeiros á Seguridade Social, con 1.045 persoas menos (un retroceso do 8,28%), seguida da Coruña, cunha perda de 471 cotizantes, Lugo baixou 407 e Ourense diminúe 177 cotizantes (3,99%).

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.

Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2013 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Xa somos minoría pero os que choiamos, facémolo arreo abofé. Unha proba má#blgtk08#is do desleixo que sofre esta provincia aqueixada de infames gobernantes.
Comentario por Master and Co (27-01-2013 14:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal