Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Evolucionar crendo nos mozos
Arcadio González foi testemuña directa do acceso de Vilariño de Conso, o seu pobo, ó progreso. Sendo moi cativo viu chegar a luz eléctrica ó pobo e lembra tamén cando se fixo a estrada de acceso. Pero eso non enturbiou a sua nenez, nen provocou traumas na sua evolución persoal. Non lembra o nome do mestre que lle ensinou as primeiras letras, ainda que sí que naquil tempo había moitos máis nenos que hoxe, ata o punto de que existía escola de nenos e nenas e vai contando ata oito ou nove repartidas polos pobos do concello. 'As poucas cousas que había, disfrutábanse, e as que non, suplíanse ca imaxinación', dí.

Chegado o tempo do bacharelato, os seus pais mandárono para Os Milagres; foi percorrendo 'a ruta de estudios dos paúles', pois dende o Monte Medo pasou a Villafranca do Bierzo e de aí a Salamanca, sempre interno. Saltou á Universidade onde cursou Filoloxía Románica. 'Salamanca era o final do traxecto docente dos relixiosos', no que sen saber porqué 'producíase unha concentración de xente de determinadas zonas, por exemplo do entorno da serra dos Milagros ou de Mondoñedo'.

Da universidade lembra que 'foi unha etapa moi interesante, que coincidía con profundas inquedanzas no país, na que se aprendían cousas novas para o que estaba por vir ca loita pola democracia'. 'Eran tempos nos que saías das asambleas na facultade e na porta estaba apostado un pelotón da policía'.

Despois viñeron as obligacións militares e xa, a docencia, á que dedicou toda a sua vida laboral. Estivo en Verín, Trives, Ribadavia e por fin Ourense. O periplo polo eido do ensino rematou como profesor no instituto Blanco Amor, en A Ponte, moi perto da sua casa.

A profesión permitiulle 'manter contacto constante ca xente nova, circunstancia que favorece o dinamismo persoal'. En cuanto á vella disquisición sobre as diferencias entre antes e agora, ve certa artificialidade, pois cre que 'o alumnado é igual hoxe que onte. A diferencia estriba en que no ensino obligatorio actual están todos. Cando eu empecei, no acceso ó bacharelato producíase un primeiro filtro que deixaba rapaces na casa para incorporarse directamente ó mercado laboral e mandaba outros á FP; incluso se producían abandonos nos primeiros cursos do propio bacharelato, co cual a xente que seguía aparecía como un grupo moi selecto. Se hoxe se fixese igual,os resultados serían parecidos'. Arcadio González conclúe a sua argumentación afirmando que 'a xuventude está hoxe mellor formada, porque hai moita máis xente que ten un nivel máis alto que antes; hai moita máis xente que ten acceso ós estudos superiores. A formación chega ás maiorías e antes quedaba nas minorías'.


Ten moi analizada esta cuestión, ata o punto de insistir en que 'é falso que non se lé, como revela o feito de que se publican en España 100.000 títulos ó ano. Antes había a metade', indica, para engadir que 'os meus últimos alumnos leron moito máis que os primeiros ós que lles din clase'.

Arcadio participou en experiencias interesantes de intercambio con alumnos e profesores en Polonia. 'O Ministerio de Educación tiña un programa a través da Unesco para participar en campus para levar profesores e alumnos estranxeiros a Polonia. Os españoles íbamos a Gdanks, no norte do país', cidade na que o sindicato Solidaridade, liderado por Lech Walesa, escomenzou a loita para derribar o réxime comunista.

A política tamén tivo cabida na sua vida. 'Sempre me interesou no sentido máis amplo, ainda que a participación activa foi máis accidental, relacionada ca vontade de colaborar ou axudar no que se poida ós demáis'. Ser alcalde deulle satisfaccións porque 'supuxo a posibilidade de facer cousas', ainda que 'tamén tivo un coste persoal importante'. De todo elo, o que lle deixou máis orgullo e mellor sabor de boca foi 'conseguir sanear a xestión económico-administrativa e deixala enfocada e homologada para o funcionamento democrático'.

A xubilación permitiulle exercer como lector empedernido, ademáis de seguir atento a todo o que pasa ó seu redor, pero sen a presión de ter que acudir todas as mañáns a explicar a lección do día para formar ós alumnos. Eso xa é historia.


Magdalena Sepa 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2013 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal