Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Galeuscat visitara o pazo do rei de España.

O Rei de España recibiu o venres decimoitavo de xaneiro no Pazo da Zarzuela ó presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, na que será a primeira do tres reunións que o monarca ten pendentes cos presidentes saídos das urnas nos últimos comicios galegos, vascos e cataláns.
A axenda da Familia Real Española confirma este encontro, que se produce máis dun mes despois da toma de Feijóo como presidente de Galicia, tras lograr revalidar a súa maioría absoluta nas eleccións do 21 de outubro.
A audiencia ó titular da Xunta, superada o período de convalecencia do monarca tras a súa recente operación, está prevista para as 12.30 horas.
A continuación,aínda que non hai data pechada, Juan Carlos I recibirá tamén ó lehendakari, Iñigo Urkullu, do PNV e ó presidente de Cataluña, Artur Mas CiU.
Parece ser que a familia real quere alonxar “quimeras soberanistas”, evitar que Cataluña escape da casa, e pecharlle ben a porta a Euskadi e a Galicia, pois vale máis previr que curar, ou o menos iso pensa o rei.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-01-2013 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal