Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha vez máis, os pais do metal.

Fai uns anos, alá pola fin dos sesenta, un novo xénero, cargado de forza e poder reivindicativo chegaba ao mundo dende as illas británicas. Este fenómeno musical e cultural pasouse a chamar heavy metal, e, na zona máis "potente" da nova onda, atopábanse catro rapaces, os responsables da creación do fenómeno, estes catro rapaces facíanse chamar Black Sabbath.
A súa influencia no mundo do rock e o metal foi enorme, chegando a tal punto de dar credibilidade ás palabras de Lars Ulrich, batería do grupo de trash metal Metallica : "Todo grupo de música metal ou xénero semellante está mentindo se di que non foi influenciado por Black Sabbath".
A día de hoxe, tras millóns de discos vendidos, miles de controvertidas historias divulgadas, centos de acusacións e máis de unha decena de discos publicados, seguen a facer unha soa cousa..., música.
Este xuño poderemos disfrutar dun novo traballo do grupo, o disco "13", que será o primeiro con tres dos catro compoñentes orixinais da banda dende "Never Say Die!", do ano 1978 (A partir deste momento, ao sustituir Ronnie James Dio a Ozzy Osbourne como vocalista, a banda comezouse a chamar Heaven & Hell).
Ozzy Osbourne, Tony Iommi e Geezer Butler serán os presentes, ao co-fundador e batería Bill Ward sustitúeo o ex-militante de Audioslave e Rage Against The Machine, Brad Wilk.
A maior parte do disco estase a traballar en Los Angeles, California, baixo a tutela do productor Rick Rubin, quen ten ao seu cargo bandas coma System Of A Down e Metallica.
Polo momento anunciáronse datas de concertos para o Xapón, Australia e Nova Zelanda, pero se temos un pouco de sorte, quizais poidamos disfrutar na península de un dos grupos máis afamados e influíntes da música rock.

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-01-2013 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal