Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Armstrong: "Non é posible gañar sete Tours sen doparse"
O exciclista estadounidense Lance Armstrong recoñeceu doparse durante a súa carreira deportiva, deixando claro que na súa opinión "non" é humanamente posible gañar sete Tours de Francia sen facelo, que "o peor de todo" era que pensaba que "non estaba facendo trampas", considerando que non tiña vantaxe sobre os seus rivais, e que a do US Postal non era a rede máis sofisticada senón "a máis profesional e intelixente".
Estas foron algunhas das confesións que o texano realizou o pasado luns a Oprah Winfrey e que foron emitidas por primeira vez este xoves, madrugada do venres en España. O exciclista confesou as súas prácticas dopantes, pero, nesta primeira parte da entrevista, apenas deu nomes, aínda que, entre as acusacións que negou, si subliñou que a súa donación á UCI nunca foi para "ocultar nada" e que "nunca" deu positivo en toda a súa carreira, recalcando neste sentido que a cultura antidopaxe cambiara e que cando regresou á competición non o fixo. A segunda parte será, en España, ás 3.00 horas do sábado, tamén por Discovery Max.
Cun simple "si", como lle requiría a popular entrevistadora, confesou que tomou EPO, testosterona, a hormona do crecemento e fíxose transfusiones de sangue, e que ía dopado nos seus sete vitorias no Tour de Francia. "Na miña opinión non é humanamente posible gañalo sen estar dopado", aseveró.

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-01-2013 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 O derrubamento do mito ianqui, antes caeron outros como Tiger Woods. <#blgtk08#br />
Que vexame! Que ignominia para o deporte leal e limpo!
Comentario por Master and Co (20-01-2013 19:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal