Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un mozo director galego proxectará unha curta rodada na Coruña no festival de cine de Sundace
O director de cine galego Juan del Río proxectará o seu curto Pool ao festival de cine de Sundace, que se celebrará entre o 17 e o 27 de xaneiro. O filme de Del Río non compite en ningunha das categorías, senón que vai ser visionado fóra de concurso.
Pool é unha curtametraxe de dous minutos rodado na Coruña e que foi escrito producido e editado en pouco máis de vinte días e é unha comedia de ficción que se desenvolve nunha piscina na que desaparece todo o que se mergulla.
Del Río ten 24 anos e foi seleccionado pola Ghetto Filme School de Nova York para asistir a unha master class impartida pola directora Catherine Hardwicke e como traballo final os alumnos debían rodar unha curtametraxe polos seus propios medios e así foi como xurdiu Pool.
O mozo director galego formouse en Guión e Dirección na Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (EGACI) e conta cun Máster en Dirección de Cine pola Escola Universitaria de Artes e Espectáculos TAI, ademais dirixiu xa unha decena de curtametraxes.




Julián Rey Pérez - 2ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-01-2013 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal