Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Miles de persoas rexeitan baixo a choiva nas rúas de Santiago o plan de recortes de NCG
Varios milleiros de persoas percorreron as rúas de Santiago baixo unha intensa e persistente choiva para mostrar o seu rexeitamento ó plan de reestruturación previsto para Novagalicia Banco.

O plan para este banco nacionalizado, froito da fusión no seu día de Caixanova e Caixa Galicia, suporía o despedimento de 2.508 traballadores da entidade financeira e o peche de 327 oficinas ata 2017, data tope, ademais, para que o banco sexa poxado.

A marcha foi convocada polos seis sindicatos con representación na entidade e apoiada polos grupos da oposición no Parlamento galego, BNG, AGE e PSDEG, así como polos traballadores da obra social de Novacaixagalicia, entre outros colectivos.

Á fronte da manifestación marchaban representantes das seis formacións sindicais que teñen representación cunha pancarta coa lema da marcha: "Non ó plan de reestruturación de NCG banco", mentres que durante todo o percorrido escoitáronse berros de "Castelán, dimisión", en alusión ó presidente executivo do banco ou "Somos traballadores e non estafadores". Esta mobilización prodúcese despois de varias reunións previas ao inicio da negociación do cuarto expediente de regulación de emprego que afecta a NCG, resultado da fusión das caixas de aforro galegas.

Tras estes primeiros contactos, as centrais denunciaron unha "actitude prepotente" por parte da dirección, e resaltaron a súa oposición ao plan de reestruturación que lles presentou, que implica 2.508 despedimentos ata 2017 e o peche de 327 oficinas ao finalizar 2015.

Antes que isto, comunicaron a responsables da entidade que prefiren que o FROB --actual titular-- saque a poxa a Novagalicia agora, para "polo menos" poder dialogar cos "novos interlocutores", xa que temen que a redución de persoal non evite novos despedimentos resultado dunha posterior venda.

O inicio formal das negociacións do ERE está previsto para este luns, día 14, xornada na que os representantes dos traballadores convocaron un paro de media hora, de 12.00 a 12.30 horas, en todas as sucursais do banco.

MANIFESTOS

Titulado 'Despedir, despedir, despedir e despedir ata o 2017', un dos comunicados conxuntos emitido polas organizacións sindicais relata o acontecido no primeiro encontro, o venres 4 de xaneiro, e fai fincapé na idea de que "a dirección se presentou co único obxectivo de cubrir un formalismo legal". "Non queren negociar", critican.

Noutro manifesto conxunto, baixo o lema 'Non ao plan de reestruturación de Novagalicia banco', CC.OO., UGT, CIG, Csica, ASCA e CGT alertan de que o actual plan supón tamén "unha dura e inmoral quita" para os aforradores titulares de débeda subordinada, mentres se "garante o pagamento" aos grandes investidores institucionais posuidores de cédulas hipotecarias.

Os sindicatos tamén denuncian que o conxunto da sociedade asumirá as perdas derivadas da "mala xestión das direccións", transformándose a débeda privada en débeda pública, ao tempo que se privatizan os futuros beneficios".

Sosteñen, así mesmo, que o peche de oficinas no rural conducirá á "marxinación financeira" dunha parte "importante" da poboación, alí onde os bancos privados "por criterios de rendibilidade pecharon e só quedaban as caixas".

Tamén apuntan que a desinvestimento das participacións empresariais que Novagalicia mantiña en máis de 170 empresas "o que xera sobre a estabilidade accionarial de numerosas empresas galegas".

Ante as "graves consecuencias sociais e laborais do mal chamado rescate bancario", que "prexudica" a todas as partes implicadas, os sindicatos de NCG reclaman a derrogación do plan de reestruturación e a negociación dun plan alternativo "sostible e viable". Por iso, fan un chamamento á cidadanía para apoiar a protesta á mobilización do sábado 12 de xaneiro.


Jorge Vázquez Docarme 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-01-2013 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal