Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Policía investiga a difusión de fotos de escolares coruñesas a través do móbil e redes sociais
A Policía Nacional investiga a difusión de fotos de escolares coruñesas a través do móbil e de redes sociais, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Xefatura Superior de Policía de Galicia. A investigación abriuse tras a denuncia interposta polo proxenitor dunha delas, que denunciou a aparición de "fotos comprometidas" divulgadas "sen o consentimento do menor", segundo sinalou un voceiro da Policía Nacional. Ao parecer, á Policía Nacional acudirían os proxenitores de dous menores, aínda que solo existe, polo momento, unha denuncia por parte do pai dunha das rapazas, as fotos das cales se divulgarían sen o seu consentimento. Estas fotos difundiríanse a través da aplicación de móbil WhatsApp e de redes sociais, ao parecer, entre compañeiros de clase das propias menores, pero tamén doutros colexios e institutos da cidade. Polo momento, non se confirmou cántas menores podería estar afectadas, ao existir solo unha denuncia. Tampouco se concretou de cando son as fotos, aínda que se apuntou que, nalgúns casos, poderían ter meses e que poderían ter contido erótico. Fontes policiais confirmaron tamén a Europa Press que, en decembro, unha moza de 18 anos presentou unha denuncia pola distribución nas redes sociais dunha foto súa, supostamente pola súa exparella.


Isabel Fernández
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-01-2013 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal