Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O PSC NO SEU CATALANISMO MÁIS PURO.

A comisión executiva do PSC decidirá o vindeiro luns se presenta un texto alternativo á declaración de soberanía que pactaron CiU e ERC ou se enmiendan este documento de maneira que quede fóra del toda alusión a unha eventual independencia de Cataluña.

Así o explicaron a Efe fontes socialistas, de maneira que o PSC non se limitará a votar 'non' ao texto de CiU e ERC, senón que antes intentará eliminar os aspectos inasumibles para o partido de Pere Navarro, especialmente a referencia a constituír "Cataluña nun novo Estado no marco da UE".

Isto podería facerse ben con emendas ao texto ou ben presentando un documento alternativo, a fórmula que usou o PSC cando o pasado verán o Parlament aprobou unha resolución que defendía o "dereito a decidir" dos cataláns nunha consulta de autodeterminación.

Nesa ocasión, o PSC quería salientar coa súa proposta propia que a consulta debía ser "legal, pactada e vinculante"; agora, os socialistas están molestos porque a declaración non se limita a defender o "dereito a decidir" senón que inclúe "posturas independentistas", coas que en ningún caso comulga o partido de Navarro.

O documento pactado entre CiU e ERC causou un notable malestar no resto de partidos que apoian a celebración da consulta, especialmente no PSC e en ICV-EUiA.

Estas formacións esperaban recibir un texto que defendese "o dereito a decidir" dos cataláns pero non "a constitución de Cataluña nun novo Estado no marco da UE", unha expresión que ambas as formacións consideran "excluínte".

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2013 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal