Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre Oscar Niemeyer.
Niemeyer, un dos arquitectos máis influintes do século XX, faleceu no Hospital Samaritano de Río De Xaneiro, no que xa levaba varios días ingresado a causa dun agravamento do seu delicado estado de saúde que levou ós médicos que o atendían a conectalo a un repirador automático e mantelo sedado. Tiña 104 anos e do seu xenio naceran algúns dos edificios máis belos construidos nas últimas décadas.
Gañador do premio Pritzker de Arquitectura en 1988, do Premio Principe de Asturias das Artes en 1989, do León de Ouro da Bienal de Venecia en 1996 e do UNESCO da Cultura en 2001, por citar so algúns dos seus moitos galardóns que recibiu ó longo da súa lonxeva e fructífera traxectoria, foi unha das figuras máis influintes da arquitectura moderna grazas a edificios coma a Catedral de Brasilia, o Pestana Casino Park da cidade de Funchal, o Museo Contemporáneo de Niterói, ou o Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer en Asturias, a súa única obra feita en España. Nado en Río de Janeiro o 15 de decembro de 1907, graduouse na Escola de Belas Artes de Brasil coma enxeñeiro arquitecto en 1934. Niemeyer curtiuse no estudo do arquitecto Lúcio Costa e Carlos Leão.
Militante comunista dende mediados dos anos corenta, adquiriu fama grazas a unha pequena igrexa erixida en homenaxe a San Francisco ás beiras do Lago de Pumpulha baixo os auspicios do alcalde da cidade de Belo Horizonte e máis tarde presidente brasileiro Juscelino Kubitschek.

Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato.
A Nosa Terra.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-12-2012 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal