Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fomento non financiará as obras da catedral de Santiago no 2013
A Fundación Catedral esperaba que o seu plan para a mellora das torres da fachada do Obradoiro recibise financiamento do Ministerio de Fomento, concretamente do 1 % cultural, para o exercicio 2013. Pero o departamento de Ana Pastor comunicou á institución que durante o ano próximo as partidas están xa esgotadas con plans anteriores e a catedral non poderá contar con esa achega. O pasado verán, a Fundación Catedral presentou un plan de recuperación integral para as dúas torres da fachada, seriamente afectadas o paso dos anos, por algunhas intervencións anteriores erróneas e o constante ataque da humidade, que baixa ao longo da estrutura das torres e que acaba por filtrarse cara ao interior do edificio.

O proxecto foi presentado no verán polo responsable da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, e polo arquitecto do plan director, Javier Alonso. Nel figuraban todas as intervencións necesarias para pór ao día a saúde de ambas as torres. O custo total destas melloras era de 1,9 millóns de euros e, segundo anunciouse, as negociacións apuntaban naquel momento a que o Ministerio de Fomento podería achegar o 75 % do financiamento necesario para a rehabilitación. Pero o ministerio xa dixo que non. Que o orzamento do 1 % cultural do que dispón o ministerio está esgotado xa para o 2013. Segundo explicaron desde Fomento á fundación catedralicia, as partidas para o próximo exercicio están pechadas tras o recorte orzamentario.

Segundo o plan presentado o pasado mes de agosto pola Fundación Catedral, as obras nas dúas torres da principal fachada do monumento son das máis urxentes do conxunto monumental catedralicio.

Hai varios elementos fundamentais que dependen do bo estado das torres. En primeiro lugar, a inclinación que rexistra a torre sur debe ser monitorizada e corrixida no caso de que se amplíe. Por outra banda, é clave para a conservación do templo eliminar as humidades que chegan a el baixando polas torres e as fachadas, unha das obras previstas no plan. Neste caso, ademais, estas humidades existentes impiden que se poidan continuar as obras de restauración do pórtico da Gloria que promove a Fundación Barrié.

Daniel Lorenzo explica que o financiamento das obras correspondentes ao 2014 está case asegurada, polo que se está «buscando financiamento para que o próximo ano non sexa un ano perdido nas melloras necesarias para a catedral». Considera que perder un ano enteiro «é un luxo» que non se poden permitir.


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-12-2012 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal