Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Atopan a porta de entrada do virus da SIDA no sistema inmunitario
Tras anos de busca, científicos do Instituto de Investigación da Sida IrsiCaixa, impulsada pola Obra Social La Caixa e o Departamento de Saúde da Generalitat, descifraron como o VIH penetra as células do sistema inmunitario que propagan o virus dentro do organismo humano. A investigación, que hoxe publica a revista "PLoS Biology", desvela un enigma que a comunidade científica había anos que intentaba resolver; achou unha nova molécula que captura o Virus de Inmunodeficiencia Humana (VIH) e permite a súa entrada a unhas células do sistema inmunitario, denominadas células dendríticas, que actúan como un cabalo de Troya cando o virus se dispersa dentro do organismo.

Segundo o Instituto de Investigación IrsiCaixa, o achado abre as portas a unha nova familia de fármacos contra esta enfermidade que podería ser capaz de bloquear estas moléculas e mellorar así a eficacia dos tratamentos actuais, ningún dos cales actúa sobre este mecanismo de propagación da infección. A investigación levouse a cabo no marco do Programa de investigación e desenvolvemento da vacina contra a sida HIVACAT, dirixida polos doutores Bonaventura Clotet e Josep María Gatell, e no que traballan conxuntamente o IrsiCaixa, o Hospital Clínic e laboratorios Esteve.

Unha potencial diana terapéutica

Segundo os especialistas, unha das causas polas cales aínda non hai cura para o VIH é que este infecta as células do sistema inmunitario encargadas de activar a resposta que tería que frear a infección. Concretamente, o VIH ten como principal diana uns glóbulos brancos chamados linfocitos T CD4, que reciben este nome porque teñen a proteína CD4 na súa membrana. Os máis de vinte fármacos dispoñibles hoxe no mercado actúan bloqueando o ciclo que segue o VIH para infectar estes linfocitos T CD4, pero non curan porque non conseguen eliminar de todo o virus do organismo.

A investigación demostra cal é a molécula das células dendríticas que captura o VIH para iniciar a súa rápida propagación polo organismo. "Tiñamos a chave -explica Martínez-Picado- e agora encontramos o fecho. O enigma está resolto. Xa estamos a traballar no desenvolvemento dun fármaco que bloquee este proceso e que permita mellorar a eficacia dos tratamentos actuais contra a sida". Pola súa banda, Nuria Izquierdo-Useros explicou: "observamos que a proteína que actúa como fecho para a entrada do VIH tamén podería facilitar a entrada doutros virus e polo tanto o achado tamén podería levar ao desenvolvemento de tratamentos para outros infeccións que utilizan esta vía de propagación".


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-12-2012 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal