Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galegos por España.
Jonathan Pereira, presentado este xoves como xogador do Villarreal , afirmou que este equipo ou o Celta de Vigo eran os seus dúas únicas opcións para saír do Real Betis Balompé.
Pereira xogou as tres últimas tempadas no club de Sevilla ao que chegou dende o Villarreal , equipo ao que agora regresa como cedido e no que poderá debutar en xaneiro. “Aínda que é soamente unha cesión espero quedar aquí moito tempo”declarou o xogador galego na súa marcha cara outros aires.
”Aquí está a miña casa e xa que logo estou contento por iso. Todo foi moi rápido porque as dúas partes estabamos de acordo”, considerou Pereira, quen engadiu que non se pode dubidar da calidade do vestiario do Villarreal , xa que como el propio definiu este equipo ten xogadores de primeira división e polo tanto é de respetar. “Se seguimos así se pode conseguir o obxectivo”, comentou.
Sinalou que a zona na que máis pode render é cerca da área e que espera vivir un ascenso. Xa que a calquer xogador quere vivir unha experiencia tan bonita ,agregou.
Jonathan , é un dos reforzos máis importante deste equipo , non elixiu a un Celta en estado de graza , ca victoria contra o Real Madrid na Copa do Rei , ademais isto dalle un plus o equipo de Paco Herrera , xa que ao non contar con Pereira terá que buscarse a vida no mercado de inverno e traer un bo xogador para completar o seu equipo.
Alí coincidirá con outros xogadores galegos como é o caso de Diego Mariño, porteiro do equipo que esta facendo unha tempada espectacular. Ata outra edición de “Galegos por España” vémonos.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 15-12-2012 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal