Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Videoxogos: claves para unha compra responsabel e eficaz.
Comprar un videoxogo é un investimento, e coa actual situación económica débese escoller ben aquello co que queremos agasallar, pois hai que ter en conta se o videoxogo será o axeitado para a persoa á que vai dirixida e si a experiencia que propón está en liña co seu desenvolvemento persoal, a súa idade e os seus gustos persoais. Tamén é importante non cometer un erro co contido se o agasallo vaino a recibir un menor de idade. Para iso, propoñémosvos unha serie de recomendaciones sinxelas para realizar unha compra responsable e eficaz de videoxogos.
Xogar é a principal forma de aprendizaxe do ser humano, por iso é moi importante elixir ben a que se xoga para prever que se aprende, sobre todo cos máis pequenos da casa, máis propensos a malinterpretar as mensaxes.
Tamén o número de xogadores que participan nunha experiencia é importante se queremos convertelo nunha actividade máis social.
É importante prestar atención ás descricións do contido que se atopan visibeis no estoxo do xogo. As etiquetas de cores mostran cal é a idade mínima recomendada para o consumo do xogo, por exemplo: os videoxogos para maiores de 18 anos levan unha icona distintiva en cor vermella. Na contraportada da carátula atopamos unhas iconas coa descrición do contido máis problemático que pode conter o xogo, como pode ser violencia, insultos, sexo, etc. E na portada atopamos un código de numérico +3, +7, etc., que indica a idade mínima recomendada para usar este videoxogo.

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.


Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 15-12-2012 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal