Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Volta as andadas.
O Clube Deportivo Lugo sofre a súa cuarta xornada consecutiva sen poder puntuar no partido máis insospeitado. O Barça B, apagado e sen futbol, deulle a volta ao encontro que abrira Pablo Álvarez na primeira metade. Dous goles de Araujo, que saíu dende o banco, no último cuarto de hora derrubaron o fraxil Lugo de Setién.
Perdeu na segunda metade contra o Barcelona B , nun partido no que, a pesar de non ter o coiro, deu unha maior sensación de solidez que o seu rival. Os cataláns fixeron diana nos seus tiros, e aos lucenses faltoulles, unha vez máis, puntería.
A pesar de que o balón foi maioritariamente do Barcelona ,como é costume nesta liga, só o Lugo daba a sensación de dominar o xogo, desde a súa colocación máis atrasada do habitual. Polo menos, ata os minutos derradeiros, cando o filial azulgrana conseguiu darlle a volta a un encontro que os locais parecían ter no peto. Porque as ocasións, que ao final lle dan a esencia ao xogo, estiveron todas ao lado lucense, aínda que á contra. Porque o 1-0, outorgou aínda máis pouso aos de Setién. Un gol, que chegou nunha rápida combinación entre Durán, De Coz ao extremo, e pase atrás para que desde o chan marcase Pablo Álvarez. Ese tanto, co que se chegou ao descanso, resultaría insuficiente.
Os da muralla, tiveron opcións de resolver á contra, con Óscar Díaz desacertado e un gol mal anulado a Tonetto por fóra de xogo inexistente, pero sería o Barcelona B , nos seus dous únicos remates claros de todo o partido (modelo que debe sufrir o Lugo en toda a campaña), o que rompería as ilusións da parroquia lucense. As dúas únicas veces que se descolocou a defensa, apareceu Araujo, que entrou na segunda parte, para facer os dous goles que lle outorgaron a vitoria aos visitantes.
O Lugo terá que mellorar os minutos finais dos encontros se non quere , comezar unha mala racha que podería levalo a postos de descenso.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.



Comentarios (0) - Categoría Xogos - Publicado o 07-12-2012 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal