Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E o asasino era…
Nin Scotland Yard, nin en máis dun século transcorrido, nin os 11.000 kilómetros que separan Montevideo de Londres parecen ser obstáculo para o matemático uruguaio Eduardo Cuitiño, que se une á larga lista de investigadores que aseguran dar coa verdadeira identidade de Jack “O Destripador”.

Stephen Herbert Appleford. Así chamábase realmente o despiadado asasino que atemorizou á capital británica a finais do século XIX, según as pesquisas de Cuitiño, autor do ensaio Viaxando no tempo para atrapar a Jack o Destripador, de reciente publicación en la red.

Para chegar a esa conclusión o estudoso esmerouse dous anos en realizar unha "análise xeográfica dos feitos" e "unhas simulacións na computadora", aproveitando a vasta información oficial que é posible conseguir a través de internet. "O meu interése é vincular a historia coa matemática, trato de darlle un enfoque matemático aos problemas e os misterios", explica Efe Cuitiño, de 38 anos e profesor de Probabilidade e Estadística da Universidade de Montevideo.

¿Pero en qué basa a súa arriscada teoría? De entrada recorda a vella hipótese de que Jack era un ciruxán, como Appleford, que ademáis traballaba no London Hospital de Whitechapel, o área onde morreron as cinco víctimas que se lle atribuen ao primeiro asasino en serie mediático da historia, todas elas prostitutas.

Appleford rondaba os 36 anos, a idade "de máxima operatividade dun psicópata",e tiña un coeficiente intelectual superior á media, tamén como ese tipo de criminais. Era orixinario de Coggeshall (Essex), un pobo no cal os seus habitantes teñen fama de iletrados, o que podría causar un rexeitamento social. Aínda que logo se casou, entón era "solteiro, nunca tivo fillos, e vivía hacinado nunha casa cas súas irmás". Ademáis, tiña unha gran fortaleza física porque na universidade competiu en remo e natación. Comezou a desembolver as súas prácticas criminais tras a morte da súa nai, á que estaba moi apegado, en 1881. Un ano despois houbo un intento de asasinato que o uruguaio atribue xa a Jack “O Destripador”. Unha muller foi vítima dun ataque polo lombo cun coitelo. O ciruxán foi encontrado cerca de alí e ao ser identificado como médico tivo que atendela e elaborou un informe no que sostiña que lesionouse ela mesma.

O elexido por Cuitiño "era zurdo, como o asasino, que cortaba as gorxas de dereita a a esquerda". A esa conclusión chegou analizando a caligrafía do médico, inclinada de esquerda a dereita , a partir da dixitalización dunha folla do censo londinense subscrita por el mesmo a principios do século XX.
Serviu para elaborar unha tese xeométrica e probabilística en torno ao vínculo de Appleford cos crímes, especialmente os dous cometidos a noite do 30 de septembro de 1888.

En 1895 o médico publicou un artígo no British Medical Journal sobre o pequeno estoxo de bolsillo para levar bisturís como o que tería utilizado o asasino para non ser descuberto, unha forma de burlarse da policía, cree Cuitiño. Appleford morreu, ademáis, o 31 de agosto a mesma data do primeiro crime- de 1940 á nada casual idade de 88 anos como o ano das mortes.
Jack é un dos misterios máis grandes da historia posto que moitas son as teses que apuntan a varios individuos(o médico da raíña entre outros).Só se sabe algo do seu carácter e a súa pauta pero non sabemos nin sequera quen era nin os motivos que o impulsaron a facelo.Por iso Jack “O destripador” simboliza o misterio e as cousas que aún non podemos atopar.

Diego López Guerrero Navarro 1ºBacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2012 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal