Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xa van cincuenta anos.

Corría o ano 1962, xerminaban as flores no abril daquel prolífico Londres dos anos sesenta, facíase agardar unha revolta musical que invadiría as listas estadounidenses dende o chan Británico. Estas foron as circunstancias nas que naceron os Rolling Stones, grupo que, a día de hoxe, conta con cincuenta anos de existencia e con unha das carreiras máis impresionantes da historia da música, carreira que influenciou a outros grandes artistas como : AC/DC, Led Zeppelin, ZZ Top, David Bowie, The Who, Jefferson Airplane, Guns & Roses...
Xa pasado medio século dende os seus comezos, o domingo 25 de novembro do ano 2012, as súas satánicas maxestades volveron aos escenarios tras cinco anos de inactividade.
O concerto deuse na cidade que os viu nacer, Londres, concretamente no recinto O2 Arena, que albergou a 20000 fans, os cales disfrutaron do espectáculo de máis de dúas horas de duración.
O espectáculo comezou cun emotivo vídeo no que aparecían declaracións dos tamén artistas Elton John, Iggy Pop, Pete Townshend e Nick Cave. Despois do vídeo, o evento arrancou con I Wanna Be Your Man, e foi xogando con grandes clásicos como Sympathy For The Devil, Honky Tonk Woman, Brown Sugar ou Star Me Up.
Tamén se uniron á festa os exintegrantes Bill Wyman e Mick Taylor, que deixaran a banda en 1993 e 1975 respectivamente, a cantante de R&B Mary J. Blidge e o astro da guitarra Jeff Beck.
Aos seus 69 anos, o eterno "frontman" Mick Jagger segue a moverse de modo extravagante por todo o escenario, acompañado da estática figura do seu escudeiro e guitarra principal do grupo Keith Richards, ao que acompaña por detrás o guitarrista rítmico chegado no 1975, Ron Wood, e o batería Charlie Watts.
Grandes espectáculos, rock and roll do bo e un enorme legado é o que caracterizan ao grupo máis lonxevo da historia do rock. É só rock and roll, pero a min gústame...

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2012 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal