Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Alberto Ramos, Premio Risco da Creación literaria coa súa obra, Todos os días.
Alberto Manuel Ramos Ríos gaña a XIII edición do Premio Risco de Creación Literaria coa obra Todos os días; na que aparece a crise económica e social e os seus efectos sobre a mocidade universitaria actual, e como a falla de horizontes inflúe na autoestima das personaxes, chegando a provocar a súa destrución persoal.
Ó longo da novela van aparecendo elementos secundarios como os ERE, o peche de medios de comunicación escritos, a falta de expectativas vitais ou a contraposición entre a realidade laboral nosa e a de outros países emerxentes
O premio fallóuse no Auditorio Municipal da cidade das Burgas, e ten como finalidade promover á creación literaria nun dos eidos máis amados por V.Risco e por o seu fillo Antón Risco, a Literatura fantástica.
O xurado desta XIII Edición estivo formado por Adelaida Vidal gañadora da pasada edición coa súa obra Olladas, Anxela Gracián da Editorial Sotelo Blanco, Serafín Alonso Pintos e Soedade do Muiño
O galardón, conta tamén coa colaboración da Editorial Sotelo Blanco, sendo un premio de carácter anual no que o gañador recibe 6.000 euros xunto coa publicación do libro.
O xoven autor coruñés dende moi pequeno sentíu interese polas letras, en nun primer intre dirixiu esa vocación cara o Xornalismo que estudou en Santiago de Compostela. Entre as súas obras destacan Dor pantasma na que aborda a desaparición dunha moza de Cangas do Morrazo sen razón coñecidas e o baleiro que deixa na súa familia. Con esta novela gañou o 2ª premio Biblos-Pazos, coa que obtivo gran éxito chegando incluso a versionarse ao castelán.
Sen dúbida una nova promesa no eido da narrativa galega, o que lle seguiremos os pasos.

Serxio María Rodríguez Álvarez,
1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-11-2012 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal