Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un grupo de científicos teletransportan un átomo.
Un grupo de científicos estadounidenses e australianos lograron teletransportar un átomo dende EEUU ata Australia. O pasado mércores investigadores do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), en Boulder, Colorado, e colegas da universidade de Innsbruck en Austria lograron teletransportat as propiedades cuánticas dun átomo a outro sen empregar método físico algún. Dous anos atrás, científicos da Universidade Nacional Australiana anunciaran que habían teletransportado un raio de luz láser dun punto a outro nunha fracción de segundo, empregando manipulacións de raios láser para transferir estados cuánticos dun átomo de Berilio a outro, cun 78% de acertos. Neste sentido, o experimento descrito na revista Nature explota as calidades cuánticas dos elementos (enerxía, campo magnético…) que son radicalmente diferentes a aquelas observadas no mundo “normal”.
O s ións poden ser manipulados nunha especie de estado coñecido coma a “superposición”, que lles permitiría estar en dous sitios á vez. Poden incluso estar “liados entre eles de forma que o seu comportamento sexa predecible, coma se estivesen conectados mediante unha forza invisible que Einstein chamó “espeluznante acción a distancia”.
O novo teletransporte non significa que podamos facer desaparecer á xente nunha parte e que reapareza noutra, pero sen ningunha dúbida é un auténtico fito para a chamada “informática cuántica”.

Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-11-2012 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal