Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sentenza: Decreto de Plurilingüismo
A sentenza que anula dúas dos puntos máis polémicos do decreto do plurilingüismo asegura que a Constitución recoñece aos pais unha esfera de elección na formación relixiosa e moral. Pero nada di de que os seus fillos reciban educación na lingua que prefiren.

Varios dos puntos recorridos pola Mesa, a CIG e Queremos Galego refírense a que o decreto non é fiel á Lei de Normalización Lingüística de 1983. Díxoo o Consello Consultivo no seu informe e dino os demandantes, en aspectos como falar de dinamización lingüística e non de normalización. Recoñece a sentenza que pode ser aconsellable, pero non facelo tampouco é ilegal.

A sentenza asegura que dar carácter determinante á consulta aos familiares para fixar a lingua materna predominante «vulnera a configuración do dereito fundamental á educación» que recolle o artigo 27.5 da Constitución. Se o profesor usa na aula a lingua resultado da pregunta aos proxenitores está a darse unha «abdicación da potestade de ordenación xeral do ensino». Isto non quere dicir que os pais non teñan dereito a opinar. No decreto do bipartito, por exemplo, o idioma a usar era unha decisión do claustro, pero tendo en conta o mapa sociolingüístico de Galicia, os datos estatísticos oficiais e a información dos pais.

O segundo punto anulado polo Tribunal Superior de Galicia é a liberdade para que o alumno se exprese de forma oral e escrita na lingua oficial que prefira, un dereito que si resulta xustificado no nivel universitario. Non así no ensino obrigatorio, e o TSXG esgrime unha tripla perspectiva para declaralo inválido. A primeira é que a Lei de Normalización di que o galego será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino, algo que vai en contra do feito de que o alumno fale no idioma que prefira. O segundo motivo é que a lingua no ensino non é algo que estea condicionado pola liberdade de opción do interesado; e o terceiro porque vai en contra novamente da Lei de Normalización, que obriga ao fomento progresivo do galego no ensino.

Julián Rey Pérez - 2ºA BACH
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 25-11-2012 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non é un recurso propiamente dito pero será unha ferramenta d#blgtk08#e axuda legal para que o galego non se lixe máis do que está.
Comentario por The observer (28-11-2012 12:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal