Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Éxito de participación na Carreira do San Martiño.
Desta volta o equipo de redacción de A Nosa Terra, acudiu a vila auriense para mantelos informados dos últimos actos e actividades no país.
Como nós mesmos pudemos comprobar e como era de agardar, esta carreira pedestre de tadición na vila ourensá, acudiron centos de persoas, de Ourense e de toda Galiza.
Sendo un total de 8.948 persoas, as cales foron agasalladas cunha camiseta vermella co lema “Trixésimo Sexta Carreira Popular Pedestre do San Martiño”.
Ambalas dúas carreiras, a de adultos e a de escolares, contaron cunha gran participación e a xente esqueceuse das súas penas por un día, facendo deporte e gañando saude.
Destacou a presenza de escolares e de numerosos pais cos seus fillos, que de seguro pasárono moi ben.

Serxio María Rodríguez Álvarez,
1º Bacharelato. Coordinador.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-11-2012 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal