Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

100 anos do himno galego.
Neira Vilas presenta un libro sobre os cen anos de historia do himno galego.

Un himno nacional, é unha creación que identifica a toda unha colectividade sen excluir a ninguén. É por iso que perdura no tempo mentres a súa historia corre risco de perderse. Para Neira Vilas "aquelo que non está escrito non está no mundo" e por iso deixou para a posteridade a historia do himno galego.
Un himno, como a creación artística que no fondo é, posúe unha historia propia que a familiaridade e a repetición poden acabar por esconder. Neste sentido, o de Galiza non é unha excepción, cunha orixe e difusión cheos de curiosidades que vén de recompilar o escritor de Gres Xosé Neira Vilas no libro "100 anos do himno galego", de Edicións Embora. O autor aclara que esta obra non pretende ser unha historia completa, senón o froito das súas investigacións en Cuba sobre as circunstancias que rodearon o nacemento e estreo da composición, así como a súa difusión ata chegar ao centenario celebrado no ano 2007.

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
Fundación Xosé Neira Vilas.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-11-2012 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal