Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un grupo de científicos australianos descubriu que unha illa non existe.

Un grupo de científicos australianos descubriu que unha illa non existe. A illa, chamada Sandy Island en Google Earth, aparece en diversas cartas mariñas e estaría situada entre Australia e Nova Caledonia, no Pacífico sur, pero en realidade, non está alí.
Nunha viaxe organizada para visitala, Maria Seton, a responsable da expedición, e a súa tripulación non atoparon nada que emerxera do océano no punto onde os mapas situaban a illa. “Comezamos a sospeitar cando as cartas de navegación usadas polo buque amosaron unha profundidade de 1400 m nunha zona onde supostamente debería haber unha grande illa, dalgunha maneira este erro propagouse a través da base de datos mundial de liñas costeiras que realízase cunha gran cantidade de mapas”, afirmou Seton, xeóloga da Universidade de Sidney.
A illa aparecera en mapas polo menos dende o ano 2000, aínda que nos mapas franceses (a illa estaría situada en augas territoriais francesas) non aparece por ningures.
Sen dúbida o caso desta illa é único. Quizais estemos ante a Atlantis do século XXI, aínda que o máis probable é que se tratara dun erro de Google Earth, cuxos xerentes alegaron.

Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato.
https://www.google.es/search?q=Isla%20Sandy.&aq=f&sugexp=chrome,mod%3D5&um=1&ie=UTF-8&hl=gl&tbm=isch
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-11-2012 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal