Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aumenta o número de maltratadas que desisten nas súas querelas contra os agresores
O número de mulleres maltratadas que abandona o proceso xudicial iniciado contra os seus agresores incrementouse nun 13,4 por cento no segundo trimestre deste ano con relación ao primeiro, segundo o Instituto Europeo Campus Stellae (IECS).
O IECS traballa na investigación destes casos de violencia e na formación de expertos que, desde unha óptima multidisciplinar, doten á sociedade de instrumentos e actitudes para desterrala, informou nun comunicado o instituto, que leva vinte anos ofrecendo un servizo gratuíto de atención a vítimas e familiares.

Das estatísticas referidas a este ano, resalta tamén que as denuncias por violencia machista aumentaron un 5,9 por cento no segundo trimestre deste ano con respecto aos tres meses anteriores.

Advirte, así mesmo, no seu escrito, de que, "a partir do primeiro episodio de malos tratos, e a pesar das frecuentes mostras de arrepentimento do maltratador", a probabilidade de novos episodios é moito maior, xa que a violencia vaise establecendo de forma progresiva e agrávase co tempo".

Tamén subliña que a violencia contra a muller "constitúe unha patoloxía para a convivencia familiar, porque ten un efecto fervenza sobre o resto das persoas que forman parte do fogar, o que deriva en que os fillos se convertan en vítimas pasivas".

Sara Álvarez Gonzalez

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-11-2012 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal