Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un hacker "mata" ao Rei de España dende a conta de Twitter de El País.

“ÚLTIMA HORA: Casa Real confirma el ingreso del rey Juan Carlos. Su estado es de extrema gravedad”.Así comezou a última falcatruada levada a cabo por un famoso hacker da rede, @facudiatz, o cal usurpou na madrugada do luns a conta persoal do xornal El País na rede social Twitter para facer un retweet desta información, publiada dende a súa conta, de xeito que o respaldo deste medio aparentemente “verificase” a mesma, facendo que a información correse como a pólvora pola rede social.

As posturas ao respecto da falsa noticia foron do máis distantes e variopintas: dende a daqueles que caeron no xogo do hacker, amosando as súas condolencias polo suposto pasamento do monarca ata os que recoñeceron a firma do mesmo ou simplemente foron conscientes do bulo á falta de maior comunicación oficial a medida que avanzaban os minutos ou ata os que se aproveitaron da situación para bromear sobre o ficticio feito, chegando a converter o hagstag #DEPMajestad nun Trending Topic que permaneceu en activo ata ben entrada a mañá do martes.

Non se trata da primeira vez que @facudiazt hackea a conta deste diario. O pasado mes de abril valeuse das súas mañas para extender a obviamente falsa nova dun suposto golpe de Estado en Portugal, feito que lle valeu dunha querela ante os servizos xurídicos, posta polo defensor do lector do diario. O hacker, sen o máis mínimo atisbo de amedrentamento, ironizou dende a súa conta de Twitter con que ir espertando ó seu letrado.

O diario do grupo Prisa prevé volver tomar accións legais contra este usuario da rede de microblogging, ó que @facudiazt responde coa seguinte declaración pública: “Se me ocurren 129 motivos para seguir tocándoos los cojones. Un fuerte abrazo”, en alusión ao escandaloso expediente de regulación de emprego presentado polo xornal, que costou o seu posto de traballo a un total de 129 profesionais da información.

Aida González Vázquez
2º B de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-11-2012 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal