Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xibraltar abre unha nova crise diplomática con Reino Unido

Londres convoca ao embaixador español para denunciar incursións en auga do Peñón e Madrid responde que os pescadores seguirán nelas
A tensión ao redor de Xibraltar e ao dereito dos pesqueiros españois a faenar ou non en augas da Baía de Alxeciras orixinou este xoves un novo enfrontamento diplomático con Reino Unido, o enésimo desde que o pasado decembro o PP asumise o Goberno e Fabián Picardo fixese o propio como ministro principal do Peñón.
Os habituais cruces de declaracións foron a máis nesta ocasión e tanto Madrid como Londres convocaron aos embaixadores do outro país acreditados no seu territorio. No caso do Reino Unido, o exministro Federico Trillo, actual responsable desta legación, escoitou que o Goberno de David Cameron considera intolerables «as incursións provocativas» nas súas augas xurisdiccionais. Tanto a colonia como España reclaman para si a zona en disputa, que no caso gibraltareño están ademais vetada á pesca que sustenta a unha parte importante da frota gaditana.
Nun comunicado, Londres denunciou dúas incursións producidas ao longo desta semana, unha delas a cargo de «un gran buque da Armada española».
A modo de contraofensiva diplomática, España tamén convocou ao embaixador británico en Madrid, Giles Paxman, para reafirmar en que as augas en litixio son de soberanía española, que os pescadores seguirán faenando nelas e que a Garda Civil adoptará cantas medidas sexan necesarias para salvagardar aos barcos españois.

Nuria Salgado
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-11-2012 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal