Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A discriminación a mulleres embarazadas aumenta coa crise
A Organización Internacional do Traballo (OIT) advertiu hoxe de que a discriminación laboral contra as mulleres embarazadas empeorou nos países de ingresos altos, medios e baixos como consecuencia da crise económica.

A especialista en maternidade da OIT, Laura Addati, sinalou hoxe que se observou, no contexto da crise económica internacional, un aumento das queixas de mulleres embarazadas ou nais que sofren discriminación no ámbito laboral.

"As mulleres embarazadas son especialmente vulnerables porque tenden a sufrir discriminación no traballo pola idea de que a maternidade é unha carga. Pero o certo é que a protección da maternidade produce enormes beneficios", asegurou Addati.

Esta situación acontece a pesar de que uns 70 países ratificaron polo menos unha das tres convencións da OIT relativas á protección da maternidade.


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2012 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal