Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia conta coas segundas listas de espera máis longas de España
Os galegos deben esperar máis que hai catro anos para ser atendidos polo médico. Segundo o estudo cuatrienal que a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), fixo público hoxe, Galicia é a segunda comunidade con peores cifras nas listas de espera para especialistas, só superada por Canarias. A organización alerta, ademais, de que a comunidade foi a peor desde o último informe, realizado en 2008. Para a primeira visita, os galegos deben agardar, de media, 82 días. A Xunta, nos últimos datos oficiais, datados en setembro, redúcea a 58. En xuño, cando a OCU realizou o estudo, os días de espera baixaban ata 49. Na segunda consulta, o tempo de espera redúcese ata os 68 días, mentres que se se volve por terceira vez, en Galicia hai que agardar máis de tres meses e medio (111 días). Nos tres casos, os números galegos son bastante peores que a media española (47, 55 e 77, respectivamente).

As cifras bailan, segundo a especialidade. O informe da OCU contempla os días de espera en dez áreas, atendendo á primeira visita. A paciencia (e a saúde) dos galegos debe resistir ata os 117 días en cardioloxía e os 96 en dermatoloxía ou urología. A espera é menor en traumatología (49 días), ou otorrinolaringología (50).

En canto ás probas diagnósticas, Galicia é a terceira comunidade autónoma con máis tempo de espera .

Só Canarias e Castela-A Mancha empeoran as listas de espera galegas nas probas diagnósticas. Aquí a media está en 80 días, bastante por encima da espera media no resto de España, que é de 54 días. En Galicia, a proba atrásase ata 92 días de media no caso das ecografías e os 90 nos TAC. Neste caso, tamén hai diferenzas respecto das cifras oficiais do Sergas. En xuño, a Xunta afirmaba que para un TAC esperábase, de media, 42 días.

Para este estudo, a OCU baseouse nos datos de 16.000 citas médicas consultadas durante a primeira quincena do pasado xuño, en centros de 56 cidades pertencentes ás 17 comunidades autónomas do Estado.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2012 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0