Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GALEGOS, FEIJOO É PRESIDENTE.

Alberto Núñez Feijóo será investido presidente da Xunta nun pleno parlamentario o próximo día 29 cos votos da ampla maioría obtida polo seu grupo, 41 deputados, mentres votarán en contra o BNG e Alternativa Galega de Esquerdas e o PSOE prevé absterse.

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, propuxo esta mañá formalmente a Alberto Núñez Feijóo como candidato á investidura como presidente do Goberno galego, tras o trámite de consultar cos grupos parlamentarios.

A presidenta recibiu hoxe aos representantes de todas as formacións con representación na Cámara, de menor a maior representación obtida nos comicios: BNG, Alternativa Galega de Esquerdas, PSdeG e PPdeG.

Os dous primeiros anunciaron que votarán en contra do candidato popular, mentres o PSdeG prevé absterse por entender que o resultado dos comicios foi claro, polo que Feijóo será elixido presidente cos 41 votos do seu grupo, dos 75 da Cámara na sesión de investidura que se celebrará o martes e o xoves da próxima semana.

Unha vez que Rojo fixo pública a decisión, o presidente da Xunta en funcións, ademais, informou de que nomeará ao novo Goberno autonómico nun prazo máximo de 24 horas tras tomar posesión do cargo, o próximo 1 de decembro. Núñez Feijóo defenderá a súa candidatura o martes 27, e o xoves 29 renovarase a sesión plenaria co debate e a votación, que sairá adiante coa maioría absoluta do PP. O candidato a revalidar o cargo anunciou que "inmediatamente" logo de tomar posesión, e "nun prazo de 24 horas" tomará a decisión de nomear o novo Goberno de Galicia.

DISMINUCIÓN NOS PRAZOS
Feijóo agradeceu á Mesa do Parlamento á Xunta de Portavoces e a Pilar Rojo a "diminución de prazos" para celebrar canto antes o discurso de investidura e tomar posesión do cargo como presidente da Xunta. "Estamos ao facer no menor tempo posible o máximo posible", subliñou.

Na mesma liña, expresou o seu agradecemento aos grupos parlamentarios do PSdeG, AGE e BNG que non presentasen candidato alternativo á Presidencia da Xunta, "o que significa -sinalou- que se facilitará o discurso de investidura". De forma "moi especial" agradeceu a proposta do Grupo Parlamentario Popular, "que ten -dixo- unha maioría ampla e ampliada", para presentarlle como candidato a presidente do Goberno autonómico.

Núñez Feijóo explicou que preparará un discurso de investidura "baseado nos compromisos fundamentais que asumimos". Neste sentido, referiuse ao "compromiso" para loitar "contra o primeiro problema de Galicia, "que é o desemprego", indicou, e para facilitar o primeiro emprego aos mozos.

OS VOTOS EN CONTRA
Tras a reunión coa presidenta do Parlamento o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, informou de que o seu grupo se oporá á investidura de Feijóo e fará unha oposición "firme e contundente" contra as políticas do PP, que ao seu xuízo son "lesivas" para os intereses dos cidadáns e tamén para o idioma galego.

Mentres, Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) votará tamén en contra da candidatura á Presidencia de Alberto Núñez Feijóo a pesar de que "non somos de piñón fixo", dixo o seu voceiro, Xosé Manuel Beiras, que chanceou ao sinalar que a postura podería cambiar se se producise un "milagre profano" se se dese un xiro ás políticas do PP.

Pola súa banda, o presidente do grupo parlamentario do PSdeG, Pachi Vázquez, aclarou que os socialistas non presentarán un candidato alternativo ao popular na sesión de investidura, por entender que foron claros os resultados das eleccións, e insistiu que probablemente se absterán.

Finalmente, o voceiro parlamentario do PP, Pedro Puy, trasladou e formalmente á Presidencia da Cámara a candidatura do gañador dos comicios de outubro ao obter "o apoio maioritario" da sociedade.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2012 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal