Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OURENSE SÚMASE AOS CAMBIOS MUNDIAIS NO DIAGNÓSTICO DO CANCRO DE PRÓSTATA
Un comité profesional decidirá os cambios a introducir nas técnicas de prevención, diagnóstico e tratamento do cancro de próstata en Ourense á luz de novos estudos que demostran que a actual política de cribado xeneralizado para os maiores de 40 anos non conseguiu reducir a mortalidade na medida do esperado.

De todo o relacionado co futuro desta patoloxía versou onte a sesión da Academia Médico Cirúrxica, que tivo ao urólogo Dionisio López Bellido como relator. En esencia, demostran que o screening de cancro de próstata que se realiza no mundo occidental desde 1986 -análises de sangue do antígeno prostático específico (PSA) e tacto rectal- non permitiu reducir a mortalidade. Dous estudos, con máis de 200.000 pacientes e de 14 anos de avaliación, publicados na revista The New England Journal of Medicine, puxeron en cuestión a eficacia dun método de prevención que non só parece non funcionar como tal senón que, ademais, presenta efectos secundarios non desexables. No campo do tratamento, a cirurxía e a radioterapia que actualmente se utilizan teñen tamén consecuencias negativas, como disfuncións urinarias, sexuais e intestinais.

O propio descubridor do PSA, Richard Ablin, asinou en The New York Times un artigo decisivo para abrir esta polémica. Co significativo título «O gran erro do cancro de próstata», refire Bellido.

As cifras estadounidenses, aplicadas á nosa provincia, ilustra o médico Dionisio López Bellido, «tradúcense en que 40.000 ourensáns están a realizar anualmente probas preventivas cuxa eficacia non parece clara e teñen efectos secundarios».

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-11-2012 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal