Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

'O Apóstolo', elixida Mellor Longametraxe no festival de Marsella

A cinta O Apóstolo, animación en stop-motion esteoroscópica, obtivo un novo premio, o de ''Mellor Longametraxe" no 11º Festival de Cine Español de Marsella, dentro dunha traxectoria imparable de éxitos.

A película galega arrincou a súa andaina no Festival Internacional de Moscova o pasado xuño, sendo a primeira vez que este certame seleccionaba unha película de animación na Sección Oficial a Competición.

Así mesmo, recibiu o primeiro premio no Festival EXPOTOONs de Buenos Aires, o máis importante de Latinoamérica.

Os galardóns, informan os produtores nun comunicado, avalan a calidade e o talento dun filme que conta coa interpretación de actores como Geraldine Chaplin, Jorge Sanz, Paul Naschy, Carlos Branco, Luís Tosar, Celso Bugallo, Isabel Branco e José Manuel Olveira "Pico".

En total, foron catro anos para a realización dun proxecto no que participou Philip Glass na composición da banda sonora, e máis de cen técnicos internacionais provenientes de coñecidas películas como La novia cadáver, Coraline ou El señor de los anillos.


Beatriz Molina 2ºA Bach
Así se fixo, parte 1
Así se fixo, parte 2
Tráiler
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-11-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal